W3vina.COM Free Wordpress Themes Joomla Templates Best Wordpress Themes Premium Wordpress Themes Top Best Wordpress Themes 2012

A cerámica castrexa en Galicia: investigación e recuperación


O Sexto Edificio do Museo de Pontevedra acolle desde o mércores 15 de maio, ás 20:00 h, e ata o 16 de xuño, domingo, a mostra A cerámica castrexa en Galicia: investigación e recuperación, da que é comisaria Mar Cortegoso Comesaña.

Esta exposición está organizada pola Fundación Terra Termarum Castrolandín e promovida pola Deputación de Pontevedra e o Concello de Cuntis.

Nela exhíbense oito pezas reconstruídas do xacemento de Castrolandín e sesenta réplicas procedentes dos seguintes vinte e un castros galegos: Meirás, Elviña, Borneiro, Baroña, Neixón Grande, A Lanzada, San Cibrán de Tomeza, Montealegre, O Facho de Donón, Illas Cíes, Vigo, Punta do Muíño do Vento, Toralla, Santa Trega, Torroso, Fozara, Castromao, San Cibrán de Lás, Coto do Mosteiro, Barán, Viladonga, Zoñán e Illa de Xuances.

A mostra compleméntase cun ciclo de conferencias que se vai desenvolver ás 20:00 h no salón de actos do Sexto Edificio, de acordo co seguinte programa:

Día 22 de maio

Volvendo ó pasado de Cuntis para cambiar o presente. Trece anos da Fundación Terra Termarum Castrolandín

Carlos Otero Vilariño, arqueólogo director das campañas de escavación en Castrolandín

Presenta Mar Cortegoso Comesaña

Día 29 de maio

A cerámica castrexa en Galicia: un proxecto de investigación e recuperación

Mar Cortegoso Comesaña, arqueóloga do Proxecto de Investigación da Cerámica Castrexa en Galicia realizado pola Fundación Terra Termarum

Presenta: Josefa Rey Castiñeiras, profesora titular do Departamento de Historia I da Universidade de Santiago

Día 5 de xuño

Potas, potes e castros: modelando unha imaxe renovada da Idade do Ferro

Xurxo Ayán Vila, arqueólogo investigador no INCIPIT-CSIC

Presenta: Mario Touceda Torres, coordinador de actividades da Fundación Terra Termarum

Deja un comentario