W3vina.COM Free Wordpress Themes Joomla Templates Best Wordpress Themes Premium Wordpress Themes Top Best Wordpress Themes 2012

Exposición colectiva da EMAO: Branco e Negro

Exposición Branco e Negro
Lugar: Espazo EMAO -Sala de exposicións da Escola Municipal de Artes e Oficios (entrada polas rúas Pontevedra e Rosalía de Castro)
Datas: 18 de xullo ao 3 de outubro de 2013 (agosto pechado)
Horario: luns a venres de 19:00 a 21:00 horas.
Dentro da súa programación anual, a Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo(EMAO), promove, organiza e produce a edición do seu proxecto expositivo de fin de curso, baixo a denominación de Branco e Negro. Unha exposición do seu alumnado, coa que se quere amosar á cidade o traballo realizado durante o curso 2012-2013 a partir dun tema xerador común, o que dá título á mostra, ao redor do cal elaboraron as propostas artísticas e artesanas os distintos obradoiros que compoñen a Escola.
Non se trata dunha mera exposición fin de curso, senón dun proxecto común inserido no mundo da arte e a artesanía contemporánea, concebido e deseñado baixo criterios da maior profesionalidade. Os proxectos que agora se expoñen son abordados dende diferentes perspectivas, mais conservan rasgos estilísticos e conceptuais. Aínda que o tema central é Branco e Negro, este remítese a un dualismo relacionable con outros conceptos en principio enfrontados entre sí, como: baleiro-cheo; luz-escuridade e ruído/son-silencio.
Con esta mostra, a EMAO inicia o que será, nos anos vindeiros, a súa proposta Fin de curso anual, que se desenvolverá entre xuño e outubro de cada ano, coincidindo coa finalización dun curso e o comezo doutro: unha exposición que recolla os resultados do proxecto común de tódolos obradoiros lanzado ao comezar cada curso –esta é a mostra que agora presentamos–, e unha exposición na que se exhibirán os productos artísticos ou artesanos, individuais, de aqueles/as alumnos/as seleccionados na convocatoria anual de Proxectos de fin de estudos, que se se abrirá ao público a mediados do mes de outubro de 2013.

Deja un comentario