W3vina.COM Free Wordpress Themes Joomla Templates Best Wordpress Themes Premium Wordpress Themes Top Best Wordpress Themes 2012

Exposición no Espazo EMAO ata o 13 de decembro: EMAO Proxectos 2013

proxectos emao 2013 p def
Proxecto: unha tarefa planificada que consiste nun conxunto de actividades que se atopan interrelacionadas e coordinadas; a razón dun proxecto é acadar obxectivos específicos dentro dos límites que impoñen un orzamento e un lapso de tempo previamente definidos. A xestión de proxectos é a aplicación de coñecementos, habilidades, ferramentas e técnicas ás actividades dun proxecto para satisfacer os seus requisitos.

Dentro das medidas implementadas no Plan de Normalización Curricular, iniciado na EMAO no curso 2008-2009, deseñouse, para o alumnado que remataba os seus estudos nas distintas especialidades, a opción Aula Aberta-Proxectos. Nela ofrecíaselle a posibilidade de desenvolver, durante un ano, un proxecto de carácter persoal no que plasmar as aprendizaxes e inquedanzas do seu paso pola especialidade cursada na Escola. Este proxecto individual –seleccionado previamente polo seu mestre/a, e supervisado por el/ela durante o seu desenvolvemento posterior en réxime de titoría– pode ter un carácter investigador, creador, de afondamento nunha técnica ou nunha idea, de experimentación con novos materiais…

Nesta exposición presentamos algúns dos proxectos dos/as alumnos/as que remataron os seus estudos no curso 2011-2012 e que, ao longo do presente ano, materializaron a súa proposta inicial, man a man co seu titor/a. Do proceso proxectual, recóllense aquí os resultados, os productos creativos ou artesanais, que representan o froito parcial, unha mostra especial, da experiencia e o coñecemento vivido nas aulas e obradoiros ao longo dos seus estudos.

Producción: Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (EMAO) 2013

Montaxe: Mestres/as da EMAO de Pintura, Debuxo, Escultura e talla en madeira, Serigrafía, CAIM Gaita, Artesanía en coiro, Cerámica, Deseño e encaixe de palillos. Axudante de montaxe: Alberto Couñago.

Deja un comentario